Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023
Imagen
  Actividade 39: Os biomas  A seguinte imaxe representa os biomas da Terra:   xa sei ca lenda non se lee pero é a propósito 😇 Contesta: 1 - Que son os biomas? Un bioma é unha parte da terra que comparte clima fora e fauna , é o conxunto de ecosistemas dunha zona bioxeográfica 2 - Hai biomas nos mares e océanos? Razoa a resposta. Si que os hai, os biomas poden atoparse dende as maiores alturas ata os oceanos máis profundos.Entre eles podemos identificar os biomas mariños profundos e abertos, os biomas mariños das illas oceánicas, o biomas mariño costeiros e os biomas mariños de corais tropicais 3 - En que bioma ou biomas podemos situar á península ibérica? cales son as súas características?  Podemos situalo en diferene biomas como:   bosque atlántico : predominante en Galiza cun clia suave e húmido e temperaturas constantes tanto en verán como en inverno; tamén está o  bosque mediterráneo que podemos localizar por toda a península menos nas illas cana...
  Actividade 38: Os ciclos da materia e da enerxía.  Na biosfera hai un continuo e complexo fluxo de materia e enerxía establecido entre os compoñentes abióticos (ou non vivos) e os compoñentes bióticos (seres vivos). 1. O fluxo de enerxía é aberto e unidirecional, que quere dicir iso?   A enerxía dentro dun ecosistema a medida que avanza polo ecosistema aos poucos liberase ao medio en cada nivele trófico en forma de calor a través do proceso de respiración celular. Estas perdas de enerxía entre os diferentes niveis tróficos limitan a lonxitude das cadeas tróficas e a biomasa que alcanzará os niveis tróficos superiores. Desta maneira, o fluxo de enerxía nun ecosistema é unidireccional, é dicir, avanza en dirección única desde os produtores até os niveis tróficos superiores. Pola contra, a materia que resulta de cada nivel trófico vaise acumulando no solo e queda a disposición dos organismos descomponedores que, á súa vez, tamén liberan a enerxía en forma de calor...
Imagen
  Actividade 37: Sucesións ecolóxicas.   MOI MALAS NOTICIAS. O ecosistema do bosque caducifolio no que tanto traballaches nas actividades 34 e 35 padeceu un incendio ... 😭 a sucesión ecolóxica foi interrompida e tardarase en acadar o estado de comunidade climax.  1. Que é unha sucesión ecolóxica?  A sucesión ecolóxica é un proceso natural no que se producen na comunidade ecolóxica unha secuencia de cambios observables no tempo e no espazo. Débese a colonizacións locais e extincións de especies. 2. Como poido ser esa sucesión ata que se declarou o incendio? Era de tipo primario ou secundario? É posibleque ese ecosistema chegara a súa máxima madurez e complexidade. O máis posible é que fose unha sucesión ecolóxica secundaria, xa que a primaria desenvolvese en zonas carentes de comunidade preexistente, como unha illa volcánica. 3. Como varían as especies a medida que avanza a sucesión? que son especies xeneralistas e especies especialistas? cando se acada a co...
  Actividade 36: Estudo dun ecosistemas II.  Continuamos estudando o ecosistema do Bosque caducifolio. 1. Define biomasa e nivel trófico. B iomasa é a cantidade de materia viva que hai nun ecosistema Nivel trófico é o conxunto de seres vivos que comparten un mesmo espazo na cadea alimenticia. 2. Consultando os apuntes define cada un dos tres primeiros niveis tróficos. Os productores son aqueles que a partir de materia inorgánica, obteñen materia orgánica propia.  Os consumidores son os que se alimentan doutros seres vivos. Estos converten a materia orgánica en materia orgánica propia.  Os descompoñedores son aqueles que empregan a materia orgánica para descompoñela e cerrar o ciclo 3. Fai unha cadea trófica con catro das especies que escolleches na actividade anterior.  toxo-->cervo--> león--> buitre 4. Engade duas especies máis (non teñen porque ser das que elexiches na actividade anterior) e constrúe unha rede trófica dun bosque caducifolio. ...
Imagen
  Actividade 35: Estudo dun ecosistemas I.  Para comprender mellor o concepto de ecosistema ides a desenvolver un caso práctico: o ecosistema do bosque caducifolio atlántico. É un ecosistema característico de, entre outras rexións, Galicia. Para facer a actividade tede en conta o seguinte esquema:     1. Biotopo: Que clima caracteriza a este ecosistema?, cal é a rocha dominante nel? e o relevo?   Caracterízase por unclima continental húmido, dun clima marítimo en Europa Occidental, dunhas temperaturas superiores os 0 °C e unhas choivas abundantes o logo do ano.A roca predominante é o granito. O relevo pode ser de chaira ou montañoso, dependendo da zona na q nos atopemos : Norteamérica, Australia etc, 2. Biocenose: Indica un vexetal arbóreo, dous vexetais non arbóreos, un animal herbivoro, un animal carnivoro, un animal omnivoro e un animal carroñeiro característicos deste ecosistema.   O carballo, o toxo, cervo, león, buitre. 3. Indica un exemplo de co...
  Actividade 34: Conceptos básicos sobre a Biosfera.  Para introducir a unidade ides a buscar as definicións dalgúns conceptos básicos da mesma: Biosfera:  é o conxunto total de ecosistemas do planeta. Tamén se pode comprender como a zona de vida na Terra, que é un sistema pechado, e en boa parte autorregulada. Ecosistema:  é o conxunto de especies dunha área determinada que interactúan entre elas e co seu ambiente. Biocenose:  é o conxunto de organismos que coexisten nun hábitat definido ( biotopo ) que ofrece as condicións necesarias para a súa supervivencia. Biotopo:  é o espazo físico, natural e limitado onde habita unha determinada biocenose. Especie:  é o grupo de organismos que poden reproducirse e producir descendencia fértil. Poboación:  conxunto de organismos (individuos) da mesma especie; isto significa que comparten propiedades biolóxicas que ocasionan unha alta cohesión reprodutiva e ecolóxica do grupo.
  Actividade 33: A Biosfera. 1. Define biosfera. Cales son os seus límites?  A biosfera é toda a área gasosa, sólida e líquida da superficie terrestre que ocupan os seres vivos . Están constituídos tanto por áreas da litosfera como por áreas da hidrosfera e atmosfera onde a vida é posible. A biosfera está formada por unha fina capa de dimensións irregulares. Xa que é un sistema que recolle as áreas do planeta onde existe a vida é máis difícil establecer límites onde comeza e remata a biosfera. Pero máis ou menos, a biosfera esténdese ata uns 10 km sobre o nivel do mar e uns 10 metros por debaixo do nivel do chan onde penetran as raíces das árbores e das plantas e existen microorganismos. 2. É díficil establecer nitidamente subsistemas dentro da Biosfera. Unha primeira clasificación pode ser a de distinguir entre zonas acuáticas e terrestres. Dentro destas últimas é común empregar a clasificación dos biomas. Que é un bioma?. Baseándote no mapa de biomas que atoparás nos a...
Imagen
  Actividade 32: Recursos da xeosfera 2.  Seguindo co esquema da actividade anterior contesta: 1. Que é a enerxía nuclear? A enerxía nuclear é a enerxía contida no núcleo dun átomo. Os átomos son as partículas máis pequenas en que se pode dividirse un elemento químico mantendo as súas propiedades. No núcleo de cada átomo hai dous tipos de partículas (neutróns e protóns) que se manteñen unidas. A enerxía nuclear é a enerxía que mantén unidos neutróns e protóns. 2. Cal é a situación da enerxía nuclear en España? españa conta con varias centrales: Almaraz I e II en Cáceres, Ascó I e II en Tarragona, Cofrentes en Valencia, Vandellós II en Tarragona e por último Trillo en Guadalaxara 3. Cales son os impactos derivados do uso desta enerxía? A creación de residuos perigosos para a saúde e o medio ambiente, que, se manteñen radioactivos durante centos de miles de anos, a parte disto, os posibles accidentes nucleares arruinan rexións enteras 4. Con respecto ao seu uso cal é a difere...
Imagen
  Actividade 31: Recursos da xeosfera 1.  O seguinte esquema (tomado da unidade 4, segunda parte dos apuntes) representa unha clasificación sinxela dos recursos da Xeosfera. Baseándote nel contesta: 1. Que é a enerxía xeotérmica?. Cal é o aproveitamento principal desta enerxía?. Chámase enerxía xeotérmica á enerxía calorífica de orixe térmico que se extrae do vapor ou da auga quente baixo a superficie terrestre. En Galicia localízanse algúns recursos xeotérmicos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, a temperaturas que chegan ata 130º C, aínda que con caudais non moi elevados. Os xacementos de Ourense son os que máis posibilidades ofrecen dispoñendo de unha temperatura entre os 60º e 80º C. O aproveitamento óptimo de estos xacementos dase en calefacción urbana e industrial, como ocorre en paises do norte de Europa, nos que existen redes centralizadas de calor, alimentadas con auga a 80º-90º C. 2. Cal é a situación da enerxía xeotérmica en España? En E...