Actividade 38: Os ciclos da materia e da enerxía.
Na biosfera hai un continuo e complexo fluxo de materia e enerxía establecido entre os compoñentes abióticos (ou non vivos) e os compoñentes bióticos (seres vivos).
1. O fluxo de enerxía é aberto e unidirecional, que quere dicir iso?
A enerxía dentro dun ecosistema a medida que avanza polo ecosistema aos poucos liberase ao medio en cada nivele trófico en forma de calor a través do proceso de respiración celular. Estas perdas de enerxía entre os diferentes niveis tróficos limitan a lonxitude das cadeas tróficas e a biomasa que alcanzará os niveis tróficos superiores. Desta maneira, o fluxo de enerxía nun ecosistema é unidireccional, é dicir, avanza en dirección única desde os produtores até os niveis tróficos superiores.
2. Que son os ciclos bioxeoquímicos? cales son os principais?.
É o ciclo dos elementos químicos pertencentes aos seres vivos e o medio.
Os principais son o do carbono, nitróxeno, fósforo, xofre e o osíxeno.
3. Explica o ciclo do nitróxeno.
O ciclo do nitróxeno pódese resumir nos seguintes pasos:
- As bacterias fixadoras de nitróxeno atmosférico do chan utilizan o nitróxeno para crear nitratos que as plantas poden absorber polas súas raíces e sintetizar as súas propias proteínas.
-Os herbívoros, e despois os carnívoros, incorporarán o nitróxeno necesario a través da alimentación. Con este nitróxeno poderán crear as súas propias proteínas e acedos nucleicos.
- Os microorganismos descomponedores transforman as substancias nitrogenadas orixinadas na excreción dos seres vivos, como a urea, e os restos de organismos mortos, para que poidan ser utilizados novamente polas plantas.
-As bacterias nitrificantes transforman o amonio producido polos microorganismos descomponedores en nitratos que as plantas absorben. As bacterias desnitrificantes transforman parte deses nitratos en nitróxeno, que é devolto á atmosfera.
O nitróxeno é un factor limitante para o desenvolvemento das plantas, debido a que a súa escaseza provoca problemas no desenvolvemento das plantas. O exceso de abonos ou fertilizantes utilizados en agricultura pode provocar a eutrofización de lagos e ríos.
Comentarios
Publicar un comentario