Actividade 31: Recursos da xeosfera 1.

 O seguinte esquema (tomado da unidade 4, segunda parte dos apuntes) representa unha clasificación sinxela dos recursos da Xeosfera.

Baseándote nel contesta:
1. Que é a enerxía xeotérmica?. Cal é o aproveitamento principal desta enerxía?.
Chámase enerxía xeotérmica á enerxía calorífica de orixe térmico que se extrae do vapor ou da auga quente baixo a superficie terrestre. En Galicia localízanse algúns recursos xeotérmicos nas provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, a temperaturas que chegan ata 130º C, aínda que con caudais non moi elevados. Os xacementos de Ourense son os que máis posibilidades ofrecen dispoñendo de unha temperatura entre os 60º e 80º C.

O aproveitamento óptimo de estos xacementos dase en calefacción urbana e industrial, como ocorre en paises do norte de Europa, nos que existen redes centralizadas de calor, alimentadas con auga a 80º-90º C.

2. Cal é a situación da enerxía xeotérmica en España?
En España existen amplias zonas que poden contar con estos recursos polas súas características xeolóxicas como Galicia, parte de Navarra ou Aragón,  noroeste de Castilla e León, Cataluña o Andalucía.
 
3. Que son os combustibles fósiles? cales son? cal é o seu orixe?
Os combustibles fósiles son unha fonte de enerxía que procede da descomposición de materia orgánica de animais, plantas e microorganismos, e cuxo proceso de transformación tarda millóns de anos.Son catro: petróleo, carbón, gas natural e gas licuado do petróleo. A enerxía fósil obtense a través da combustión de restos vexetais e outros organismos vivos que foron descompoñéndose cos anos e acumulándose no subsolo terrestre.
 
4. Que datos (o máis recentes posibles) hai sobre a dependencia enerxética dos combustibles fósiles en España.

So o 21% da energía que usamos en España se satisface con energías renovables. Greenpeace 10 oct. 2022

 

Comentarios