Actividade 14: A auga e vida.


1. Que base científica hai para considerala así? (propiedades e a súa relación ca vida)

Auga é o nutriente máis importante. Podemos vivir máis tempo sen comer que sen beber. Non se entende un medio vexetal ou animal sen a presenza dunha proporción acuosa. O noso corpo posúe case un 70% de auga. E a súa función primordial no equilibrio de todo o metabolismo moitas veces esquécese ou non se coñece. E un consumo de 2 litros diarios, ou máis se cadra, non estaría mal.

A auga nin achega calorías nin as elimina. Serve de vehículo para moitas funcións de limpeza e equilibrado, tanto por fóra como por dentro:

-Lava e refresca a pel, os seus poros,… e as súas intimidades.

-Hixieniza a boca tras levantarse, comer ou antes de deitarse.

-Dilúe convenientemente alimentos e mollos gástricos no estómago.

-Proporciona unha papilla lixeira de alimentos triturados ao intestino.

-Facilita a absorción de nutrientes.

-Dilúe e asea líquidos internos (espazos entre células, sangue, linfa,…).

-Facilita e equilibra os intercambios celulares de calquera órgano (fígado, cerebro, ril,…).

-Arrastra toxinas e mellora doenzas diversas.


2. Como se formou a hidrosfera?

A hidrosfera formouse pola condensación e solidificación do vapor de auga contendo na atmosfera primitiva. 


3. A auga é un recurso vital. Que quere dicir a frase "a auga é un recurso renovable pero limitado".

Porque a Terra está cuberta nun 70% de auga, con todo, a auga doce, indispensable para a nosa supervivencia, só representa a 2,8% da auga do planeta. por outra parte , as reservas de auga doce no planeta son limitadas.



Comentarios

Publicar un comentario