Actividade 13: A Hidrosfera.

 

1. Como se orixinou a Hidrosfera.

A medida que a Terra arrefriouse e se solidificó, algunhas substancias – como o vapor de auga – condensáronse, provocando as primeiras choivas (que non serían nin parecidas ás que temos na actualidade). Desta maneira a Terra empezou a acumular auga na súa superficie orixinando a hidrosfera.


2. Dende o orixe da Terra hai un constante intercambio de auga entre a hidrosfera e o manto o que permite manter o seu volume practicamente constante. Como é ese intercambio?.

Son continuos movementos e cambios de estado, que regula o clima, participa no modelado do relevo e fai posible a vida sobre a Terra, o ciclo da auga. Ademais a hidrosfera é tamén responsable de riscos xeolóxicos externos como inundacións, moitos esvaramentos do terreo, algunhas subsidencias do terreo


3. Relacionado co anterior, a medida que a Terra se vai arrefriando os procesos tectónicos vanse detendo. como afecto isto ao auga?

Nas zonas de subducción, esas rexións onde converxen dúas placas litosféricas e unha delas afúndese debaixo da outra, a auga consegue unha vía de acceso ao interior da Terra onde, ao quentarse, motiva a aparición de fenómenos extremos como terremotos ou as súas secuelas oceánicas. Por outra parte se estes proceso se deten a terra perde calor o que fai q a auga non se evapore freando ese ciclo da auga.

4. Podemos facer unha distinción entre as augas doces e salgadas, como se orixinan e en que se diferencian?.

As augas salgadas se orixinan porque os sales acumúlanse nos mares e océanos porque non teñen saídas de auga. Só perden auga por evaporación. Pola contra, a auga doce sae dos lagos porque a auga entra e sae deles constantemente. Chega dun ou varios ríos cargados con auga fresca da montaña e sae por ríos que van camiño ao mar.

A auga doce e salgada é igual a nivel molecular, son os seus compoñentes o que as diferenza. A auga salgada posúe concentracións de sales e metais que modifica as súas propiedades xerais, favorecendo usos diferentes ás da auga doce.

Comentarios

Publicar un comentario