Actividade 12: O ciclo do auga (2ª parte)
1. As augas continentais son doces fronte as augas salgadas das que proceden, como se perdeu a salinidade?
As augas continentais son doces debido ao ciclo do auga, onde as augas mariñas se evaporan, deixando a salinidade atrás. Isto dá lugar a precipitacións de auga doce, que, se caen nas rexións continentais, seguirán sen ter salinidade.
2. Define: condensación, glaciar, río, lago e humedal.
·Condensación: proceso no que a auga, en estado gaseoso, elévase tras a evaporación e forma as nubes ao agrupar as gotas de auga en suspensión.
·Glaciar: masa de xeo formada na superficie terrestre por acumulación, compactación e cristalización da neve. Tamén mostra un movemento, aínda que lento.
·Río: corrente de auga que se orixina nun nacemento terrestre, creado por precipitacións e acumulación do líquido, e flúe ata unha desembocadura no mar. Ademais, pode pasar por lagos ou outras masas de auga, acumulándose momentaneamente.
·Lago: masa de auga continental e superficial que se caracteriza por ser estable. Fórmanse en depresións onde a auga queda depositada e isto pode levar a lagos temporais.
·Humedal: superficie cuberta dunha capa de auga, non moi alta, de orixe natural ou artificial que pode ser temporal ou permanente, ademais de doces ou salgadas e subterránea ou a pouca superficie.
3. As augas mariñas son salgadas, de onde procede a súa salinidade?
Esta salinidade provén das rochas terrestres, concretamente, estas teñen dous ións: o cloruro e o sodio, os cales son o 90% de ións presentes no mar.
4. Define: nivel freático, marea, corrente mariña, onda.
·Nivel freático: liña imaxinaria marcada entre a profundidade que a capa superior da auga, acumulada no subchán, alcanza e o nivel terrestre. Nesta área, poden existir acumulacións de auga que se orixinan, por exemplo, coa filtración.
·Marea: movemento ascendente e descendente das augas mariñas, provocado pola atracción gravitatoria da lúa sobre a Terra, que se produce de maneira periódica.
·Corrente mariña: movemento das augas oceánicas polo cal, as cálidas, transpórtanse polos océanos. Isto modifica os climas, xa que a auga é un regulador da temperatura terrestre.
·Onda: perturbación que se forma na superficie da auga. Propágase por esta dende o punto onde se orixina por, entre outras cousas, o vento.
Comentarios
Publicar un comentario