Actividade 10: Gradente vertical de temperatura na atmósfera.
Nas zonas baixas da troposfera atopamos unha temperatura causada pola acción directa do sol, a modo de radiación térmica, entendida como insolación. Ao ascender, deixando esta fonte de calor xeotérmica, a temperatura redúcese e existe unha zona de transición coñecida como tropopausa.
Na seguinte capa, ten lugar un cambio de tendencia, pois a temperatura aumenta coa altitude. A causa disto é a existencia da capa de ozono, a cal absorbe a radiación ultravioleta, procedente do sol, producíndose un axitamento das moléculas e por tanto unha subida da temperatura.
En cambio, na mesosfera acontece, de novo, unha inversión da temperatura, neste caso diminuíndo coa altitude ata chegar ao punto máis frío da atmosfera.

Por último, retómase un aumento nas temperaturas a maior altitude, na capa da termosfera, dado que o oxíxeno presente aquí absove a radiación UV, gañando en enerxía e provocando o choque entre moléculas. Así, a temperatura pode alcanzar máis de cen grados pola interación entre gases atmosféricos e as radiacións solares.
Non explicas as causas
ResponderEliminar